xoves, 18 de decembro de 2014
venres, 5 de decembro de 2014
Biografía : Irene González
BIOGRAFÍA DE IRENE GONZÁLEZ
-Irene González .
Simplemente Irene, unha auténtica pioneira no mundo do fútbol .Non existe constancia en todo o mundo doutra muller que fose futbolista nunha época tan temperá como a década de 1920 do século XX.
Era alta, de boa complexión, con boa colocación baixo os paus. Atrapaba con seguridade os balóns altos e sempre se mostraba decidida nas saídas aos pés.
Ocupaba posto de gardameta nun equipo federado da Coruña que levaba o seu nome: o Irene C.F.
Ela tiña como amuleto colocaba no fondo da portería un boneco fútbolista para que lle dese sorte.
Os seus primeiros partidos sempre foron entre homes.Chegou a ser moi popular e todos a respectaban; os rivais e compañeiros tratábana de igual a igual.Foi ahí cando formou o seu propio equipo, o Irene F.C.
Cara a 1928, enfermou de tuberculose. Organizouse un partido para recadar fondos cos que poder axudala e, uns meses despois, o xornal La Voz de Galicia publicou na sección deportiva a seguinte carta aberta dun afeccionado, baixo o título «Hai que socorrer a Irene»:
Novamente fixeron un chamamento aos bos sentimentos dos favorecedores da desgraciada Irene, a ex-gardameta do equipo do seu nome, a fin de que non a esquezan e lle leven algún socorro.
É unha pena á que deben levar alivio principalmente os afeccionados ao deporte, ao que ela debe probablemente a perda de saúde. Se varios deles contribuísen coa cuarta parte nada máis do que adoitan pagar por unha entrada ao campo, e o equipo campión quixese gañar este partido da caridade e o compañeirismo, sería o máis simpático de cantos leva xogado. Irene agradeceríao con toda a alma.
Por desgraza, nada se puido facer e, finalmente, tanto Irene como, logo tamén, tres irmáns seus rematarían sucumbindo á enfermidade.
A popularidade de Irene pódese medir pola atención que naquel tempo lle dedicaron os autores dos clásicos apropósitos coruñeses. Nun deles unha rapaza cantaba, sobre unha melodía do momento, a seguinte copla:
Mamá,
futbolista quero ser,
para xogar como Irene,
que xoga moi ben.
Mamá,
cando eu sexa maior,
gañarei moito diñeiro
xogando ao futbol.
martes, 2 de decembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)